Os Fam Trips chegan aos medios de comunicación

07 de decembro do 2021

O programa de viaxes de familiarización entre aloxamentos de turismo rural e axencias de viaxes de Galicia de cara a promover o turismo rural no Xacobeo 2021-22 tivo gran impacto en medios. A continuación adxuntamos algunhas das aparicións en diferentes canais de comunicación.

El Correo Gallego

"Dezaoito profesionais adican tres días a coñecer a conexión do turismo rural e as experiencias ao carón da ruta xacobea // Mantiveron tamén un encontro de traballo con responsables de establecementos da comarca TEXTO Manuel Lavandeira

Dezaoito axentes de viaxes de Galicia e doutros puntos de España están a participar estes días nunha viaxe de familiarización (fam trip) no Camiño de Fisterra-Muxía para coñecer de primeira man a conexión do turismo rural e a ampla oferta de experiencias ao carón da ruta xacobea, coas que logo poderán elaborar atractivos paquetes turísticos para os seus clientes.

A iniciativa está enmarcada no convenio asinado pola Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) coa Axencia de Turismo de Galicia, en colaboración coa Asociación de Turoperadores Receptivos de Galicia (Atrega) e a Asociación Galega de Axencias de Viaxes (Agavi). Dende o 23 de novembro e ata o 3 de decembro máis de cincuenta axentes de viaxes están a participar en viaxes de familiarización en catro das rutas xacobeas: Camiño do Inverno, Camiño do Norte, Vía da Prata e Camiño de Fisterra-Muxía.

Este programa de promoción do turismo rural galego, inserido no marco do Xacobeo 2021-22, combina un amplo abano de experiencias coa oferta de aloxamento e gastronomía que seguirán a ofertar os establecementos de turismo rural galegos en 2022, segundo sinalan dende Fegatur.

Os dezaoito participantes que están a visitar a Costa da Morte chegaron o pasado martes e logo de xantar na Casa do Peixe, en Muxía, realizaron un tramo do Camiño polo municipio muxián. Aloxáronse e cearon nos establecementos Casa de Trillo, Casa Castiñeira, Casa Cefereinos e Casa das Fiadeiras de Nemiña. Na xornada do mércores fixeron tamén unha visita a Serra de Outes para coñecer outras iniciativas de turismo activo e rural. Logo de xantar na Casa Perfeuto María percorreron o tramo final do Camiño a Fisterra.

NEMIÑA. Pola tarde participaron nun encontro de traballo entre establecementos de turismo rural e axencias de viaxes en Casa de Trillo, en Muxía, ao que se sumou tamén a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, e o alcalde muxián, Iago Toba. Rematarán a viaxe este xoves visitando a praia de Nemiña.

Nava Castro destacou a necesidade de promover este tipo de iniciativas público-privadas para “explorar novos públicos e territorios e favorecer sinerxias entre ambos os dous segmentos, turoperación e turismo rural, co Camiño de Santiago como elemento vertebrador”.

Con todas as experiencias programadas búscase crear paquetes turísticos que combinen turismo rural e gastronomía dunha maneira atractiva, definindo estratexias de comercialización ao tempo que se avanza na desestacionalización deste tipo de turismo e mellorase o coñecemento dos axentes de viaxe, segundo sinalou a directora de Turismo. Sinalou ademais que o obxectivo final é propiciar intercambios comerciais e de experiencias que teñen na singularidade do rural, nas paisaxes e no patrimonio os seus principios de actuación, buscando seguir adaptando o turismo rural galego ás necesidades dos novos viaxeiros poscovid.

REACTIVACIÓN. O Goberno galego continúa ofrecendo así “o seu apoio ao conxunto do sector turístico galego, e nomeadamente a segmentos como o turismo rural, a través da posta en marcha conxunta de iniciativas como esta, enmarcada no plan de choque posto en marcha pola Xunta para a recuperación e reactivación do turismo galego e que xa supuso un investimento de máis de cento vinte millóns de euros no sector”, engadiu Nava Castro."

Turismo de Galicia

Onda Cero

Clúster Turismo de Galicia

"Fegatur promociona el turismo rural en el Camino de Santiago llevando de ruta a más de 50 agentes de viajes

Los “fam trips” organizados en colaboración con la Agencia de Turismo de Galicia se desarrollan en cuatro de los itinerarios de las rutas de peregrinación.

Más de medio centenar de agentes de viajes de Galicia participan estos días en una serie de viajes de familiarización (“fam trips”) organizados por la Federación Galega de Turismo Rural por distintos puntos de las rutas de peregrinación a Compostela. Esta iniciativa forma parte del convenio alcanzado por Fegatur con la Agencia Turismo de Galicia para promocionar el turismo rural gallego en el marco de las celebraciones del Xacobeo 21-22 dando a conocer entre los profesionales del sector la oferta de alojamientos rurales y experiencias que ofrece el Camino de Santiago. En su desarrollo colaboran también la Asociación de Turoperadores Receptivos de Galicia (Atrega) y la Asociación Gallega de Agencias de Viaje (Agavi).

La intención de estos viajes es combinar las propuestas de alojamiento y gastronomía en nuevos paquetes turísticos que serán comercializados por las agencias de viajes durante el próximo año y dar así continuidad a la temporada verano otoño del presente ejercicio. Se busca también, según explican desde Fegatur, “explorar nuevos públicos y nuevos territorios que buscan en los caminos de Santiago y en la singularidad del rural gallego un motivo para al reencuentro con uno mismo, así como con los paisajes auténticos y con el patrimonio natural y cultural particular”.

Los dos primeros “fam trips” han tenido como escenario el Camino de Invierno, con visitas a Quiroga, Vilachá, Monforte de Lemos, Belesar y Pantón, y el Camino del Norte, con paradas en Foz, Barreiro, Lourenzá y Cervo.

Las próximas citas serán en la Vía de la Plata y en el Camino de Fisterra y Muxía. En el primer caso, el viaje de familiarización se desarrollará del 30 de noviembre al 3 de diciembre con visitas en los municipios de A Estrada, Monterrei y Allariz. En el caso del Camino de Fisterra y Muxía, la actividad tendrá lugar en Outes y Muxía del 30 de noviembre al 2 de diciembre.

En los cuatro casos, el programa organizado por Fegatur incluye “workshops” con el objetivo de establecer “sinergias y contribuir a la desestacionalización y diferenciación del turismo rural gallego”. Sus promotores esperan que estos intercambios sirvan también para revisar la imagen de marca del turismo rural gallego y abordar nuevas estrategias con vistas al próximo año."

Actualidade no turismo rural de Galicia

Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.