A Sinfonía dos Abrazos_Verán

8 de agostodo 2022

Boa vida!

Os aloxamentos de turismo rural de Galicia abrimos as nosas xanelas para animarte a ollar desde fora cara ao interior, mais tamén desde o que cadaquén é en relación coa terra que nos dá vida, e co cosmos que nos acolle.

Así pois, coincidindo agosto co máximo aloumiño das estrelas no firmamento, estreamos A Sinfonía dos Abrazos Verán, para convidarte a vivir onda nós noites engaliciadoras nas que a bóveda celeste semella zumegar ronseis e vagalumes.

Actualidade no turismo rural de Galicia

Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.