Formarse para seguir crecendo

A realidade cambiante lévanos a estar en constante proceso de aprendizaxe. Por este motivo, dende Fegatur propómonos fomentar esta reciclaxe contínua con accións formativas propias que percibamos de interese para os asociados e que recolleremos nesta sección. Tamén tentaremos recopilar accións formativas doutras entidades que resulten atractivas para o sector.

Formación online para o sector

A Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) xunto coas asociacións comarcais membro, promoveron durante 2020 un plan de apoio ao turismo rural galego que posibilitou abordar a etapa post-covid19 con garantías hixiénico-sanitarias.
Esta campaña foi posible grazas a un convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia (Xunta de Galicia).

Finalizado. Ver traballo realizado

Formación online para o turismo rural

Nesta sección recollemos a oferta formativa online que de xeito gratuíto ofertan as distintas institucións públicas:
  - Centro Superior de Hostelería de Galicia: neste momento sen oferta
  - Rías Baixas - Deputación de Pontevedra: Xornada informativa do Plan de calidade do SICTED (3 febreiro)

Próxima formación

Estamos traballando no lanzamento de novas formacións. Vémonos moi pronto!