Un portal para a comercialización directa do turismo rural galego

Coñeces  GaliciaTurismoRural.es? Trátase da maior oferta en tempo real de establecementos de turismo rural* .
Os teus hóspedes poderán realizar reservas directas se contas co motor de reserva de RuralGest. Tamén poderás formar parte do catálogo xeral de Casas Rurais.

*Establecementos con matrícula TR da Xunta de Galicia

Entra e únete!

O único requisito é que contes con matrícula TR da Xunta de Galicia

Coñece a plataforma

Convencidos de que se precisan unha vía de comercialización directa, GaliciaTurismoRural.es é a ferramenta que precisas. Bótalle un ollo!.
Para estar no motor de reserva da portada é preciso que dispoñas do motor de reserva de RuralGest e o teñas actualizado.

01
02

Rexistra o teu aloxamento

Ademáis, comproba se estás rexistrado no apartado Casas Rurais do portal GaliciaTurismoRural. Para esta opción non é preciso dispór do motor de reserva.
Se aínda non estás, entón podes facelo no seguinte enlace

Inscrición

Validación

Unha vez realizada a solicitude para aparecer no portal e validada como establecemento TR, o establecemento será incorporado  ao catálogo xeral.

03
04

Prepara o teu aloxamento

Xa temos todo no seu sitio. Prepárate para recibir novos hóspedes ben polo motor de reserva ou ben pola comunicación directa co teu establecemento.

Que máis debo saber?

GaliciaTurismoRural.es contou en 2020 co apoio da Axencia de Turismo de Galicia (Xunta de Galicia) e está pensado como un espazo dinámico e versátil.
Enriquecerase continuamente con información dos propios establecementos, publicacións e campañas en redes, así como novas e información xeradas en ámbitos relacionados co turismo rural que achegan valor ao territorio, aos atractivos turísticos desta terra e as experiencias para vivir nas nosas casas rurais e os seus arredores durante todo o ano.
Procurarase un mellor posicionamento na web, unha maior visibilidade dos aloxamentos e, polo tanto, un aumento das cifras de vendas directas.

Se tes algunha dúbida contacta coa Secretaría Técnica a través do 631 17 92 52 ou no mail info@galiciaturismorural.es