A Xunta directiva de Fegatur revisa co Vicepresidente da Xunta a axenda de traballo aberta para 2021

07 de xullo de 2021

Este mércores 14 de xullo o Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiron á Xunta Directiva de Fegatur (Federación Galega de Turismo Rural) co obxecto de abordar a axenda de traballo que o sector do turismo rural de Galicia considera prioritario: a imaxe de marca que o turismo rural quere difundir, a necesidade da revisión do decreto do turismo rural e as accións que se están levando en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia.

En primeiro lugar o Vicepresidente interesouse polasituación do sector neste período de crise pandémica.  O Presidente de Fegatur, Francisco X. Almuíña,trasladoulle que, despois dun inverno e primavera con baixa actividade ao igualque o resto do sector turístico, o verán semella que evoluciona mellor ca noano 2020, con ocupacións en agosto do 80-90%. En todo caso, manifestoulle taména lóxica preocupación pola nova onda pandémica que se aprecia repunta.

De seguido trasladouselle ao Vicepresidente a importancia detraballar na imaxe de marca que o turismo rural galego está a traballar de caraa lograr posicionarse como un turismo de calidade e abandeirado do turismo deGalicia. Nesta liña viuse oportuno dar a coñecer a riqueza e variedade deoferta, con máis de 500 establecementos, así como a súa contribución para dar acoñecer os atractivos turísticos de todo o territorio ao mesmo tempo que xerarriqueza no medio rural. Nesta liña, o Vicepresidente asumiu o compromiso deincorporar nas campañas institucionais a difusión do turismo rural.

Abordouse tamén a importancia de revisar do Decreto doTurismo Rural, que procede de 2004, e que necesariamente ten que incorporar oscambios vividos tanto no sector turístico, cunha proliferación de oferta senapenas regulación que está a xerar un grave problema de competencia desleal.Tamén hai que incorporar as crecentes demandas dos usuarios de transparencia naclasificación dos establecementos turísticos rurais, xa incorporado na maioríadas comunidades autónomas con implantación do turismo rural. Na medida en quese ten avanzado nesta liña ao longo deste ano, marcouse o obxectivo de tentarpechar unha proposta de cara ao mes de setembro, consensuada co sector, dexeito que permita iniciar o proceso de aprobación parlamentaria á maiorbrevidade posible.

Por último, revisáronse as liñas de traballo que se estánrealizando de xeito coordinado por parte da Axencia Turismo de Galicia conFegatur e que se centran para o ano 2021 na profundización das ferramentas decomercialización directa a través da plataforma GaliciaTurismoRural.es, asícomo a campaña de promoción do turismo durante o outono, co deseño da 15ªedición do Outono Gastronómico. De cara ao ano 2022, chegouse á conclusión queé prioritario incorporar ao turismo rural na dinámica do Xacobeo, deseñandounha liña de traballo encamiñada a incorporar unha oferta novidosa ediferencial que atraia o público galego e de fora de Galicia. Fegatur comprometeusea presentar unha proposta nas próximas semanas que permita abordar esta liña detraballo.

Actualidade no turismo rural de Galicia

Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.