Axudas para a mellora das infraestruturas dos aloxamentos turísticos 2022

08 de febreiro de 2022

O pasado luns, 7 de febreiro, presentouse no Diario Oficial de Galicia a resolución onde "se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia, e se establece a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TU503A)."

O obxectivo principal destas axudas é potenciar a oferta turística galega, a través de medidas de fomento que permitan modernizar e profesionalizar o sector turístico e as súas infraestruturas, e mellorar a calidade e a competitividade da oferta turística.

Gastos subvencionables

Serán subvencionables todos aqueles investimentos que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2022, e que cumplan algunha das seguintes condicións:

  • Investimentos que promovan a mellora das condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
  • Aquelas obras que busquen mellorar as instalacións co obxectivo de obter certificacións de calidade (especialmente a Q de Calidade Turística).
  • Actuacións que se adapten ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
  • Gastos relacionados con actuación de renovación e modernización das instalacións e embelecemento da contorna da instalación.
  • Mobiliario necesario para o funcionamento.
  • Melloras na climatización que favorezan a sustentabilidade, facendo uso de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.

A cuantía da inversión neta non pode sobrepasar os 100.000€, e unha vez cumplidas as especificacións anteriores, o importe proporcionado pola axuda será dim 50% sobre dito orzamento.

Prazo de solicitude

Poderás solicitar a axuda ata o vindeiro 7 de marzo de 2022

Tramitar axuda

Para realizar a tramitación da axuda poderás facelo » PREMENDO AQUÍ «

Actualidade no turismo rural de Galicia

Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.