Oferta formativa da Axencia Turismo de Galicia en Setembro 2021

01 de setembro do 2021

Arranca o mes de setembro e a Axencia Turismo de Galicia saca unha convocatoria de prazas para accións formativas de interese para o sector do turismo rural. A resumimos de seguido:

  • Curso de Xestión do Cambio para Directivos de aloxamentos singulares de Galicia (80h). Prazas: 25. Prazo de inscrición ata 15 setembro.
  • Cursos de Inglés para o sector turístico (12 niveis dispoñibles). Prazo de inscrición ata 15 setembro.
  • Curso de Italiano Turístico Básico. Prazo de inscrición ata 13 setembro.
  • Curso de Francés Turístico Básico. Prazo de inscrición ata 13 setembro.
  • Cursos de conversa en Inglés no Camiño de Santiago. Prazo de inscrición ata 9 setembro.

Información completa e  formularios de inscrición AQUI

Actualidade no turismo rural de Galicia

Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.