Plan para a hostalaría segura a partir de finais de febreiro

26 de febreiro de 2021

A partir deste venres 26 de febreiro empézase a producir a desescalada progresiva da hostelaría, motivo polo que se ven de publicar unha normativa específica. De seguido resumimos algúns dos aspectos máis salientables.

Mapa de restriccións vixente dende o venres 26 de febreiro

O Plan de hostalaría segura de Galicia vense de publicar no DOGA este 25 de febreiro de 2021 (ACCEDER) e nel recóllense as capacidades máximas, a información que hai que proporcionar ás persoas usuarias, as regras de disposición do mobiliario, a obriga de empregar QR (ver procedemento do Cluster Turismo de Galicia) e outros aspectos de seguimento e inspección.

De xeito operativo o máis destacado do citado procedemento é o cartel  no que conste a seguinte información:

a) Interior:

  • Capacidade máxima interior permitida en condicións normais.
  • Porcentaxe máxima de uso interior establecida pola autoridade sanitaria en cada mo­mento en función da situación epidemiolóxica.
  • Capacidade máxima interior permitida en cada momento en función da aplicación da porcentaxe máxima de uso establecida pola autoridade sanitaria.

b) Exterior:

  • Capacidade máxima exterior permitida en condicións normais.
  • Porcentaxe máxima de uso exterior establecida pola autoridade sanitaria en cada mo­mento en función da situación epidemiolóxica.
  • Capacidade máxima exterior permitida en cada momento en función da aplicación da porcentaxe máxima de uso establecida pola autoridade sanitaria.

Ademáis, resulta oportuno reproducir o texto da introdución do Plan que xustifica a acción:

"A Xunta de Galicia, consciente da importancia do sector e da necesidade de manter a súa viabilidade, ten acordado cos representantes do sector hostaleiro de Galicia un com­promiso de reactivación segura que se fundamentará en tres piares básicos: acadar a máxima seguridade no acceso aos establecementos, o máximo seguimento de posibles gromos e posibilitar o máximo control no cumprimento das disposicións sanitarias vixentes. Para tal efecto, e co obxectivo de garantir a máxima seguridade tanto para as persoas traballadoras coma para as persoas usuarias, cómpre incidir no control dos niveis de ocu­pación e na necesidade de manter en todo momento as normas hixiénico-sanitarias bási­cas de limpeza de mans e superficies, nas distancias de seguridade interpersoal, no uso de máscara e na limitación dos tempos de contacto. Ao mesmo tempo, cómpre establecer mecanismos que faciliten un rápido e eficaz ras­trexo dos contactos no caso de detección de positivos, para a contención da propagación da enfermidade entre o resto das persoas traballadoras e usuarias. Todo isto debe completarse tamén coa necesaria información que debe transmitirse ás persoas usuarias en relación coas capacidades dos locais e niveis de ocupación, tanto en interior como en exterior, lembrándolles en todo momento a necesidade de observar as medidas básicas de prevención"

Por outra banda, recóllese neste ENLACE o mapa de restriccións vixentes a partir dos datos da Xunta de Galicia. Tamén a Orde do 25 de febreiro coas restriccións vixentes (ACCEDER).

Actualidade no turismo rural de Galicia

Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.