O turismo rural reúnese en torno ao Outono Gastronómico

14 de setembro do 2021

A Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto ao Presidente da Federación Galega de Turismo Rural, Francisco Almuíña, o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, e as presidentas e presidentes das ditintas asociacións de Turismo Rural de Galicia, reuníronse no día de hoxe en Rectoral de Ansemil, no municipio de Celanova, para presentar a 15ª edición do Outono Gastronómico.

Entre o 17 de setembro e o 19 de decembro, 73 establecementos de turismo rural de Galicia compartirán connosco unha experiencia única en torno a unha gran variedade de propostas gastronómicas.

As expectativas de cara á campaña deste ano son realmente interesantes. Nestes momentos fontes do sector nos comentan a alta demanda que están a recibir os aloxamentos para celebrar o Outono Gastronómico, sendo nestes momentos moi alta a ocupación para ditas datas, e tendo como un dos grandes protagonistas ás reservas vinculadas co bono turístico emitido pola Xunta de Galicia.

En palabras de Nava Castro "esta campaña é unha aposta polos produtos turísticos galegos máis consolidados, deseñada para dinamizar a demanda turística despois da época estival e da que ao longo das súas 14 edicións celebradas ata agora xa se beneficiaron máis de 71.000 persoas que xeraron máis de 4,4 millóns de euros coas súas estadías nos establecementos de turismo rural adheridos ao programa".

Unha das grandes novidades desta edición, é a colaboración coa Axencia Galega de Calidade Alimentarial, para conseguir que todos os menús dos diferentes establecementos de turismo rural conten con productos galegos de calidade avalados por eles.

Queres saber máis sobre esta 15ª edición do Outono Gastronómico? Preme aquí

Actualidade no turismo rural de Galicia

Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.