Entrevista RTVG - O crecemento do sector dos aloxamentos de turismo rural no 2021

02 de febreiro do 2022

O presidente da Federación Galega de Turismo Rural, Francisco Almuíña, foi convidado este mércores, 2 de febreiro, a compartir na Radio Televisión de Galicia as súas impresións sobre o crecemento que ten acollido o sector dos aloxamentos de turismo rural nos pasados meses.

Unha oportunidade única para compartir coa poboación de Galicia a nosa máis sinceira gratitude polo vivido, ánimo por seguir facendo frente á situación na que nos atopamos actualmente, e ilusión por acoller cos brazos abertos a todos eses hóspedes que ansían disfrutar dunha experiencia única en torno aos aloxamentos de turismo rural de Galicia os vindeiros meses.

Actualidade no turismo rural de Galicia

Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.