O Turismo Rural de Galicia segue aberto en setembro por vacacións

01 de setembro do 2021

O Turismo Rural de Galicia afiánzase como a alternativa de turismo que mellor recolle as preferencias dos turistas que buscan tranquilidade e seguridade no aloxamento, ao mesmo tempo que procuran espazos abertos e atractivos turísticos en contornas naturais pouco masificadas.

Os datos deste verán así o avalan. A grande afluencia de hóspedes tanto de fora de Galicia como de persoas da nosa propia Comunidade, está a facer que os niveis de ocupación nos aloxamentos rurais sexan mellores incluso que os de antes da pandemia, superando en promedio o 85% de ocupación.

Dende a Federación Galega de Turismo Rural apostamos por dar continuidade á dinámica xerada neste verán, que deixou máis que unha alegría no sector, e acoller coas portas abertas esta nova tempada marcada polo outono. Entre as diferentes propostas destaca a posta en marcha, en colaboración coa Xunta de Galicia, da campaña Outono Gastronómico, xunto á renovación dos pasados meses da web www.galiciaturismorural.es. Nela xa está dispoñible información para poder acceder á máis ampla oferta turística con preto de 200 establecementos distribuídos por toda a xeografía galega.

Aínda non formas parte da maior rede de establecementos de turismo rural galego? A qué esperas? Solicítao aquí!

¿Queres ler o artigo completo?

👉 galiciaturismorural.es/gl/blog/turismo-rural-galicia-setembro

Actualidade no turismo rural de Galicia

Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.