Así foi o Webinar de febreiro 2022 en Fegatur

15 de febreiro de 2022

Este martes 15 de febreiro Fegatur organizou para os seus asociados a webinar formativa titulada “Venda directa e comercialización a través de axencias de viaxe: dúas ferramentas eficaces para a nosa comercialización”.

Na sesión participaron 23 establecementos de turismo rural e permitiu afondar na estratexia de comercialización para 2022 a través do portal GaliciaTurismoRural.es e as oportunidades que xorden relacionadas co motor de reserva implantado, tanto a nivel de comercialización directa dos establecementos como de xeito combinado con axencias de viaxes.

Durante a sesión realizouse un paseo virtual a través do portal e, da man de técnicos de Ruralgest, unha sesión formativa do motor de reserva e do channel manager. Prepararse para obter o máximo proveito das ferramentas dixitais é clave para mellorar na capacidade comercializadora, así como abrirse a novidades a implantar en cada casa rural, como pode ser o tpv virtual, o prechek-in sen escaneo ou o mesmo channel manager.

A raíz do coloquio xerado na webinar, clarificáronse dúbidas técnicas e compartíronse experiencias de comercialización que permiten abrir miras de cara a campaña de 2022.

Actualidade no turismo rural de Galicia

Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.