Webinar para dinamizar a participación no 15ª edición do Outono Gastronómico 2021

27 de maio de 2021

A través do seguinte formulario de inscrición (PREMER) podes participar nunha das Webinar formativas que Fegatur vai realizar para explicar as novidades da 15ª edición do Outono Gastronómico, así como para formular suxestións de cara ao momento de solicitude.

Esta iniciativa pretende, ademáis, motivar a que o sector do turismo rural galego teña a maior presenza posible na citada campaña e con ilo contribuír a unha estratexia conxunta para a saída da crise.

Lembra que o prazo de presentación da solicitude remata o 10 de xuño, segundo a documentación que se recibirá vía correo certificado nos establecementos que cumpran cos requisitos.

Hai dúas opcións de participación nas webinares:

  1ª webinar: luns, 31 de maio, 17:00

  2ª webinar: mércores, 2 de xuño, 17:00

Máis info: Secretaría Técnica de Fegatur. 631179252 ou info@fegatur.org

Actualidade no turismo rural de Galicia

Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.