Promoción do Turismo Rural de Galicia no Xacobeo 2021/22

Fegatur, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, organiza un programa de viaxes de familiarización coas axencias de viaxes de Galicia de cara a promover o turismo rural no Xacobeo 2021-22.

Nesta edición esta previsto difundir o Camiño de Inverno, o Camiño do Norte, a Vía da Prata e o Camiño de Fisterra-Muxía.

Inscríbete

Fam Trips 2021

Información para profesionais do sector do turismo rural

¿Qué son os Fam Trips?

Grazas ao convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia, a Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) en colaboración coa Asociación de turoperadores receptivos de Galicia (ATREGA) e a Asociación Galega de Axencias de Viaxe (AGAVI) está a promover a organización de viaxes de familiarización (fam trips) en catro dos camiños de Santiago (Camiño de Inverno, Camiño do Norte, Vía da Prata e Camiño de Fisterra-Muxía). Trátase dunha primeira aproximación ao turismo rural e a súa oferta diferencial e de calidade para as persoas que peregrinan.

¿A quén vai dirixido?

Máis de 50 axentes de viaxes de Galicia van poder comprobar por eles mesmos a conexión do turismo rural e a ampla oferta de experiencias presentes ao carón dos camiños e coas que logo elaborar atractivos paquetes turísticos para os seus clientes.

¿Cándo vai ser?

Entre o 23 de novembro e o 3 de decembro este programa de promoción do turismo rural galego inserido no marco do Xacobeo 2021-22 combinará o amplo abano de experiencias coa oferta de aloxamento e gastronomía que seguirán a ofertar os establecementos de turismo rural galegos durante o vindeiro ano 2022.

¿Cal é a razón de ser dos Fam Trips?

O  turismo rural de Galicia, na situación de pandemia que vimos vivindo, ven sendo un dos principais recursos turísticos nos que as persoas atopan unha inmellorable posibilidade de descanso e lecer na nosa terra.

Este programa vai permitir explorar novos públicos e novos territorios para as persoas que anceian e procuran nos camiños de Santiago -na súa paisaxe e patrimonio natural e cultural- e na singularidade do rural galego, razóns dabondo para o reencontro consigo mesmas.

Todo este achegamento entre persoas propietarias de establecementos e as que traballan no sector das axencias de viaxes vai propiciar un intenso intercambio nos Encontros de traballo e intercambio previstos en cada un dos famtrips, buscando definir novas sinerxías e contribuír á desestacionalización e diferenciación do turismo rural galego.

Contacta connosco

Para recibir máis información do programa, contactar coa Secretaría Técnica de Fegatur en fegatur@gmail.com e 631 17 92 52.

Reserva a túa praza no Encontro Presencial

Se queres participar no encontro presencial entre establecementos de turismo rural e axencias de viaxe de Galicia para a promoción do Turismo Rural no marco do Xacobeo 2021-22 cubre o seguinte formulario.

>> Reserva a túa praza<<

Turismo Rural a carón do Camiño de Inverno

Únete ao Fam Trip máis próximo ao teu aloxamento de turismo rural

Datos de interese

  • Datas: 23/11 a 26/11
  • Tramo a visitar: entre A Rúa e Chantada, con visitas a Quiroga, Vilachá, Monforte, Pantón e Belesar
  • 25/11/2021 ás 18:30: Encontro de traballo e intercambio entre persoas propietarias de establecementos  de turismo rural e axentes de viaxes turísticos e cea na Rectoral de Castillón

Axenda

  • 23 de novembro: axentes de viaxes chegan a durmir aestablecementos de turismo rural.
  • 24 de novembro: visita Á Rúa desde a que admirarán a paisaxe e o entorno do Camiño de Inverno ao pasar por Montefurado. Visita ao Museo Xeolóxico de Quiroga. Despois do xantar, visita ás  adegas de Vilachá e ao mirador da Capela. O acto institucional previsiblemente terá lugar na Oficiña do Peregrino en Monforte, para rematar a xornada coa cea en Monforte.
  • 25 de novembro: visita á igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, paseo polos viñedos de Belesar e xantar nunha adega. De seguido vivirán  unha experiencia lúdica de xogos de escape. A partires das 18:30, na Rectoral de Castillón, terá lugar o encontro de traballo e intercambio entre persoas propietarias de establecementos de turismo rural e axentes de viaxes turísticos. Ao finalizar servirase a cea.
  • 26 de novembro: almorzo, con avaliación e despedida.

Reserva a túa praza

  • Se queres participar no encontro presencial entre establecementos de turismo rural e axencias de viaxe de Galicia para a promoción do Turismo Rural no marco do Xacobeo 2021-22 cubre o seguinte formulario.
    >> Reserva a túa praza<<

Turismo Rural a carón do Camiño do Norte

Únete ao Fam Trip máis próximo ao teu aloxamento de turismo rural

Datos de interese

  • Datas: 25/11 a 27/11
  • Tramo a visitar: entre Ribadeo e Mondoñedo, con visitas a Foz, Barreiro, Lourenzá e Cervo
  • 26/11/2021 ás 18:30: Encontro de traballo e intercambio entre persoas propietarias de establecementos de turismo rural e axentes de viaxes turísticos e cea na Casa do Mudo.

Axenda

  • 25 de novembro: chegada para xantar. Visita ao Camiño do Norte en Mondoñedo.
  • 26 de novembro: visita á Basílica de San Martiño e ao Espazo Caritel (Foz) e acto institucional. Visita as praias de Barreiro cunha interpretación xeolóxica na Praia das Catedrais. Pola tarde, visita cultural a Lourenzá (ruta da faba). Ás 18:30, encontro de traballo entre establecementos de turismo rural e axencias de viaxe en Casa do Mudo.
  • 27 de novembro: almorzo, con visita a Sargadelos e despedida.

Reserva a túa praza

  • Se queres participar no encontro presencial entre establecementos de turismo rural e axencias de viaxe de Galicia para a promoción do Turismo Rural no marco do Xacobeo 2021-22 cubre o seguinte formulario.
    >> Reserva a túa praza<<

Turismo Rural a carón da Vía da Prata

Únete ao Fam Trip máis próximo ao teu aloxamento de turismo rural

Datos de interese

  • Datas: 30/11 a 3/11
  • Tramo a visitar en Ourense: entre Monterrei e Allariz
  • 01/12/2021 ás 18:30: Encontro de traballo e intercambio entre persoas propietarias de establecementos  de turismo rural e axentes de viaxes turísticos, e cea  na Aldea Rural Santo André
  • Tramo a visitar en A Estrada (Pontevedra)
  • 02/12/2021 ás 18:30: Encontro de traballo e  intercambio entre persoas propietarias de establecementos  de turismo rural e axentes de viaxes turísticos e cea na Casa do Lagoeiro

Axenda

  • 30 de novembro: chegada de axentes de viaxes.
  • 1 de decembro: pola mañá, visita e actividades en Monterrei. Pola tarde,visita cultural a Allariz. As 18:30, encontro de traballo entre establecementos de turismo rural de Ourense e axencias de viaxe na Aldea Rural Santo André.
  • 2 de decembro: desprazamento ata A Estrada, con actividade a carón da sidra.Despois do xantar, realización dun tramo do camiño a carón do Pazo de Oca. As 18:30, encontro de traballo entre establecementos de turismo rural de Pontevedra e axencias de viaxe en A Casa do Lagoeiro.
  • 3 dedecembro: almorzo, avaliación e despedida.

Reserva a túa praza

  • Se queres participar no encontro presencial entre establecementos de turismo rural e axencias de viaxe de Galicia para a promoción do Turismo Rural no marco do Xacobeo 2021-22 cubre o seguinte formulario.
    >> Reserva a túa praza<<

Turismo Rural a carón do Camiño Fisterra-Muxía

Únete ao Fam Trip máis próximo ao teu aloxamento de turismo rural

Datos de interese

  • Datas: 30/11 a 2/12
  • Tramo a visitar: entre Fisterra e Muxía, con visita a Outes
  • 01/12/2021 ás 18:30: Encontro de traballo e intercambio entre persoas propietarias de establecementos  de turismo rural e axentes de viaxes turísticos e cea na Casa de Trillo

Axenda

  • 30 de novembro: axentes de viaxes chegan a Muxía e fan visita a un tramo do Camiño por Muxía.
  • 1 de decembro: pola mañá, visita e actividades de turismo activo por Outes. Pola tarde, realización do tramo final do camiño a Fisterra. Ás 18:30, acto institucional coa presenza da Directora da Axencia de Turismo de Galicia. Logo encontro de traballo entre establecementos de turismo rural e axencias de viaxe en Casa de Trillo.
  • 2 de decembro: almorzo, visita á praia de Nemiña e despedida.

Reserva a túa praza

  • Se queres participar no encontro presencial entre establecementos de turismo rural e axencias de viaxe de Galicia para a promoción do Turismo Rural no marco do Xacobeo 2021-22 cubre o seguinte formulario.
    >> Reserva a túa praza<<